Nota de prensa “IV Edición Destápate por Marín”

Publicado el por

“A tapa “Taco de cochinita e guacamole” de  Boa Mestura Bar Restaurante, gaña a  IV Ediciòn de Destápate Por Marín” 

A citada tapa obtivo unha puntuación de 4,48 sobre 5, seguida da tapa de Bar Emily cun 4,40.

Marín, 27 de Xuño de 2017. – Tralo reconto de todos os tapasportes depositados, na urna habilitada para tal fin na sede social, a tapa “Taco de cochinita e guacamole” que preparou Boa Mestura Bar Restaurante, foi a que obtivo unha mellor nota media, concretamente un 4,48 sobre 5 puntos, polo que se converte na tapa gañadora desta IV Edición de Destápate por Marín.  Un taco mexicano, composto dunha tortita de millo, recheo de cochinita pibil desmenuzada, con cebola morada marinada e guacamole foi a receita que lle serviu á Boa Mestura para gañar esta cuarta edición, mellorando deste xeito a segunda posición que obtivera na anterior edición. A tapa “Solomillo ao meu gusto” de Bar Emily, quedou en 2ª posición cunha nota media de 4,40 e a tapa “Matineé x 3” da Tapería Matinée cun 4,38 obtivo a 3ª posición.

No tocante as votacións, que valoraban a calidade da atención e servizo ofrecidos, tamén obtivo a mellor puntuación o establecemento Boa Mestura Bar Restaurante cunha nota media de 4,936 seguido de Vinoteca Agustín cun 4,934.

Comentarvos que este ano, servíronse preto de 2.000 tapas, polo que esta edición foi todo un éxito, xa que se superou en máis de 500 tapas as servidas o ano anterior.

A entrega das diferentes distincións a estos establecementos gañadores, efectuarase a semana vindeira na sede social de Estrela de Marín. Mañá, efectuarase o sorteo dos premios para os clientes.