O comercio de Marín, máis preto ca nunca
Descubre campañas, promocións, establecementos asociados e todas as iniciativas de Estrela de Marín. Compra no comercio local, participa e goza das vantaxes de formar parte da nosa comunidade.
Campaña activa
Que é un comercio
A campaña extraordinaria de Estrela de Marín pon en valor todo o que representa o comercio local: proximidade, confianza, emprego, futuro e vida de vila.
Desde o 1 de outubro, acumula puntos coas túas compras e cámbiaos por agasallos exclusivos: imáns, chaveiros, gorras, camisetas, mochilas, estoxos, botellas e o agasallo estrela: un Estrelín feito en crochet.
Ademais, preto de 70 establecementos mostrarán nos seus escaparates mensaxes que lembran a importancia do comercio local para Marín.
O 14 de outubro, preto de 500 escolares vivirán unha actividade especial con Estrelín no Auditorio de Marín, e o sábado 17 de outubro celebraremos o gran peche coa obra “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro.
Leva o comercio de Marín no teu móbil
Coa App Comercio de Marín podes descubrir establecementos, consultar promocións, participar nas campañas e levar sempre contigo a túa tarxeta de fidelización.
- Consulta os comercios adheridos
- Participa nas campañas activas
- Rexistra os teus tickets
- Consulta promocións e vantaxes
- Recibe avisos das iniciativas do comercio local
Estrela de Marín en cifras
Xuntos facemos comercio local
A Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín traballa para fortalecer, modernizar e dinamizar o comercio de proximidade do noso municipio.
Desenvolvemos campañas comerciais, actividades de fidelización, formación, servizos para os establecementos asociados e proxectos de transformación dixital, colaborando coas administracións e co tecido económico e social de Marín.
O noso obxectivo é que mercar en Marín siga sendo unha experiencia próxima, cómoda e atractiva.
Mercar en Marín é facer cidade
Cada compra no comercio local contribúe a manter vivo o noso tecido económico, favorece o emprego e axuda a construír un Marín máis dinámico e próximo.
Descubre o comercio de Marín