Historia

Publicado el por

 

POSTA EN MARCHA DA ASOCIACIÓN

A comezos do ano 2006 créase o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín (en adiante CCA Estrela de Marín), cos fins de xestionar, promover, defender e coordinar os intereses comúns dos seus establecementos asociados.

Despois de comprobar que o comercio de Marín se atopaba nunha situación de total desamparo, decidiuse poñer en marcha o CCA Estrela de Marín, sendo a día de hoxe a principal asociación tanto en número de establecementos asociados como en actividades que se realizan no noso concello.

Os obxetivos básicos polos que foi creada o CCA, entre outros, son os seguintes:

  1. Defender os intereses peculiares na orde profesional, económica, tecnolóxica e comercial dos seus asociados, principalmente no ámbito municipal.
  2. Defender os intereses dos seus asociados en calquer ámbito territorial en relación a cantas decisións que lles poidan afectar, adoptadas polos respectivos gobernos (local, autonómico, estatal ou supraestatal)
  3. A organización por conta propia, ou en colaboración co Concello ou con calquera outra entidade pública ou privada, de todo tipo de campañas e accións promocionais que teñan como finalidade a potenciación e desenvolvemento do comercio municipal e dos intereses dos asociados.
  4. Facilitarlle ós asociados servicios comúns necesarios para o exercicio e mellora das súas actividades profesionais ou empresariais, tales como asesoramento, cursos de formación, innovacións tecnolóxicas, comerciais e de servicios, aparcamento, etc.

Na actualidade, a plantilla laboral da asociación conta cun xerente e cunha administrativa. Debido ao considerable número de asociados e ao volumen de campañas de promoción comercial que se levan a cabo, é imprescindible contar con alomenos dúas persoas, para prestar un servicio de calidade aos asociados e para repartir o múltiple material entre os mesmos.