Quen somos

Publicado el por
ASOCIACIÓN

Quen somos

Estrela de Marín é o Centro Comercial Aberto de Marín, unha entidade creada para representar, fortalecer, modernizar e dinamizar o comercio de proximidade do municipio.

Desde a súa posta en marcha en 2006, o CCA mantén unha actividade permanente ao longo de todo o ano, combinando campañas comerciais, fidelización, formación, innovación, dixitalización, servizos aos establecementos asociados e colaboración coas administracións públicas.

ÓRGANO DE GOBERNO

Xunta Directiva

En maio de 2026 produciuse un relevo na Presidencia da entidade. Antonio Muiños Sedano, ata ese momento tesoureiro, pasou a asumir a Presidencia, mentres que Mª Catalina Conde Manso, anterior presidenta, pasou a ocupar a Tesourería. O resto da composición da Xunta Directiva mantívose sen cambios. O mandato da actual Xunta Directiva terá unha duración de catro anos.

Presidente

Antonio Muiños Sedano

Xoiería Muiños

Vicepresidenta

Mª Begoña Rosales Barros

Posto 1172 Mariscos e Peixes Begoña

Secretaria

Mª Isabel Torres Pazos

Deportes Xesta

Tesoureira

Mª Catalina Conde Manso

Bebé Katy

Vogal

Ana Pedrouso Vidal

Lencería Loli

UNIDADE XERENCIAL

Dirección Xerencia

Yonathan Carreira Figueiras

Director Xerente desde 2006

A unidade xerencial constitúe unha das estruturas fundamentais do modelo de Centro Comercial Aberto. A súa función é garantir a continuidade profesional da entidade e transformar as liñas estratéxicas definidas pola Xunta Directiva en proxectos, servizos e actuacións concretas para o comercio local.

A Dirección Xerencia de Estrela de Marín está encabezada por Yonathan Carreira Figueiras, vinculado profesionalmente ao proxecto desde a creación do CCA en 2006. A súa traxectoria suma, polo tanto, dúas décadas de experiencia na xestión, dinamización e modernización do comercio urbano.

Ao longo deste período, a unidade xerencial acompañou a evolución de Estrela de Marín desde a posta en marcha do modelo de Centro Comercial Aberto ata a actual estrutura, baseada na actividade comercial permanente, a fidelización, a innovación, a transformación dixital e a cooperación institucional.

A experiencia profesional da Xerencia transcende ademais o ámbito local. En 2020, Yonathan Carreira foi elixido presidente da Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos, participando tamén en estruturas de representación e colaboración do comercio urbano a nivel galego e estatal. Ademais, ten experiencia como árbitro de Consumo da Xunta de Galicia e como titor das prácticas de FCT de ciclos superiores e medios, nas últimas dúas décadas.

Entre as principais funcións da unidade xerencial atópanse a planificación e execución das campañas de dinamización, a atención e coordinación cos establecementos asociados, a captación e xestión de financiamento público, a preparación de subvencións e convenios, a interlocución coas administracións, a coordinación de provedores, a organización de eventos, a comunicación, a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento de novas ferramentas de fidelización e servizos.

20 anos de continuidade profesional

A estabilidade da unidade xerencial permite manter unha estratexia de longo prazo, conservar o coñecemento acumulado da organización e garantir a continuidade dos proxectos máis alá dos cambios nos órganos de goberno da asociación.

MODELO DE XESTIÓN

Goberno asociativo e xestión profesional

01

Xunta Directiva

Representa aos asociados, establece as prioridades da entidade e define as grandes liñas estratéxicas do Centro Comercial Aberto.

02

Dirección Xerencia

Planifica, coordina e executa profesionalmente os proxectos, campañas, servizos e relacións institucionais da asociación.

03

Comercio asociado

Participa activamente nas iniciativas e constitúe o centro do modelo de cooperación e dinamización comercial.

ESTRELA DE MARÍN

Unha estrutura ao servizo do comercio local

A combinación dunha Xunta Directiva vinculada directamente ao tecido comercial e dunha unidade xerencial profesional e estable permite desenvolver unha estratexia continuada de apoio ao comercio de Marín, impulsar novos proxectos e responder ás transformacións do sector.