Filosofía

Publicado el por

 

Para a consolidación do CCA Estrela de Marín puxéronse en marcha unha serie de actuacións:

  • Promoción e sinatura de acordos de colaboración:

Os acordos de colaboración son unha gran oportunidade para conseguir grandes obxetivos a un mínimo coste, realizando accións en conxunto con outras entidades das que ambas partes saian beneficiadas, grazas a xeración de sinerxias. Coa sinatura de convenios ponse de manifesto a crecente implicación de entidades e institucións cunha finalidade e obxetivos especificos, en función das peticións e demandas transmitidas polos asociados, necesidades imposta por un mercado cada vez máis competitivo..

Neste senso, o CCA asinou diversos convenios con diversas entidades que supoñen vantaxes e aforros de custos fixos para os nosos asociados: La Caixa, GLS, Segursystem, Asisa, Catalana Occidente, Galicia de Compras, TAPREGA, Grupo ADAPTALIA, Centro Informáticos Logos… son algúns exemplos.

Dentor dos convenios, destacamos o asinado coa Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín mediante o cal @s praceir@s asociad@s pódense beneficiar dos acordos alcanzados polo CCA. O que se buscou fundamentalmente, é reforzar a sinerxia que se crea colaborando entre ambas asociacións.

  • Xestión profesionalizada: figura do xerente como principal eixo vertebrador do CCA.

A xerencia presta unha atención continua á Directiva, estando presente en tódalas reunións con voz pero sen voto, nun esforzo de profesionalización do traballo do CCA. Ademáis, asesora para a toma de decisións e da continuidade aos acordos tomados.

Neste aspecto o traballo da unidade xerencial xira entorno ás seguintes liñas:

  • Atención ao asociado.
  • Asesoramento a Directiva e grupos sectoriais
  • Administración e tramitación.
  • Asesoramento e información: asistencia ó asociado informándoo de convocatorias de axudas e subvencións, períodos de pago, normativa, a través da experiencia e información ou, no caso necesario, canalizando a súa demanda hacia a entidade correspondente.
  • Apoio e negociación: auditar ós asociados como paso fundamental para coñecer as súas necesidades e demandas, e proceder a satisfacelas ben a través de acción concretas ou ben mediante a negociación con outras instancias.
  • Tramitación de subvencións e axudas.