
A VII Edición da feira de oportunidades «Stock Marín», celebrarase do 7 ao 9 de febreiro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é a tempada de rebaixas tradicionais de inverno.
13 establecementos comerciais, participarán nesta edición de inverno, do «Stock Marín». A montaxe deste evento, levarase a cabo utilizando unha carpa climatizada de 35*10 metors, que se instalará na alameda.
Feira con grandes descontos
Aproveitando datas, nas que os establecementos comerciais soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como son as rebaixas de inverno, levaremos a cabo esta feira de oportunidades. Deste xeito, 13 establecementos comerciais, ofrecerán a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar, xoguetería e mercería. O horario do evento será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 e a entrada será gratuíta.
Coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que realicen algunha compra, nos establecementos que participan na acción (consultalos aquí), celebraremos un sorteo presencial de 1000€. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 9 vales de 100€, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 100€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada.
Polas compras efectuadas, os clientes recibirán un flyer A5 que contén un espazo que deberán recurtar e cumplimentar cos datos requeridos (nome completo, dni, idade, PVP da compra efectuada e o selo de establecemento onde se fixo a compra). Para participar no sorteo e optar ao premio dos 1.000€ en vales compra, deberase depositar a papeleta na urna que se habilitará para tal fin no stand do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e estar presente na carpa o domingo ás 17.30. Iranse extraendo papeletas, ata que apareza un/unha gañador/gañadora. A persoa gañadora, deberase acreditar co seu DNI (ou documento análogo).
Ademais, 10.000 domicilios da vila recibirán nos seus buzóns un flyer co que tamén poderán participar no sorteo, se realizan os pasos anteriormente descritos.
Establecementos participantes na VII Edición do Stock Marín
A mi Love, Acolá Trend, Bolboreta, CCA Estrela de Marín, Delirious, El Armario de Alia, El Rincón de Niky, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte, Paíno & Maína, Tamara Onlinee e Tamara Piel.
O evento é organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e xurde por petición dos establecementos comerciais, que debido ao actual retraemento no consumo están acumulando stocks. Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín e a cofinanciación da Xunta de Galicia.
Presentación VII Stock Marín


A Concelleira de Comercio e Turismo de Marín Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do CCA Estrela de Marín, presentaron na mañán do venres 31 de xaneiro, a VII do Stock Marín.