IX EDICIÓN STOCK MARÍN 31 XULLO, 1 E 2 DE AGOSTO 2026

Publicado el por

Stock Marín volve á Alameda do 31 de xullo ao 2 de agosto con 21 establecementos participantes

A Alameda de Marín acollerá unha nova edición do Stock Marín, unha das citas comerciais do verán, que se celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto coa participación de 21 establecementos.

Durante tres días, o comercio local sairá á rúa para ofrecer ao público produtos con importantes descontos e oportunidades especiais, nun evento pensado para dinamizar a actividade comercial, achegar os establecementos á veciñanza e reforzar o consumo de proximidade.

O horario de apertura será:

Venres, sábado e domingo: de 11.00 a 14.00 h
Venres e sábado: de 18.00 a 22.00 h
Domingo: de 18.00 a 21.00 h

Nesta edición, ademais das ofertas comerciais, o Stock Marín contará con diferentes accións de dinamización para facer da visita á Alameda unha experiencia máis atractiva para todos os públicos.

Entre elas, o sábado 1 de agosto, de 19.00 a 21.00 h, haberá reparto de palomitas polas compras, unha actividade pensada especialmente para acompañar o ambiente familiar e festivo da campaña.

Tamén se incorpora a campaña COM-PENSA, impulsada pola Xunta de Galicia baixo o lema “Transformar o consumo para coidar o planeta”. No marco desta acción repartiranse bolsas reutilizables da campaña Comercio Compensa por compras superiores a 10 €, ata fin de existencias, co obxectivo de promover hábitos de consumo máis sostibles e poñer en valor o comercio local.

Ademais, as persoas asistentes poderán acceder mediante código QR á información sobre ofertas e comercios participantes.

Como broche final, o domingo 2 de agosto ás 19.30 h celebrarase un sorteo presencial de 700 €, unha oportunidade máis para premiar a confianza das persoas consumidoras no comercio de Marín.

O Stock Marín está organizado polo CCA Estrela de Marín, cofinanciado pola Xunta de Galicia e Comercio Galego e conta coa colaboración do Concello de Marín.