eSPORTS A SEMANA ESTRELA

Publicado el por

🎮 Bases dos Torneos eSports – Semana Estrela – Mulitusos da Praza de Abastos de Marín – 4 de xullo – 18 horas

📌 Bases xerais

  • As inscricións estarán abertas ata 10 minutos antes do inicio de cada torneo.
  • A participación é totalmente gratuita, previa presentación dalgún ticket de compra de calquera esrablecemento asociado ou captura de pantalla, onde se demostre que se compartiu en redes sociais o cartel da campaña «A Semana Estrela»
  • É obrigatorio estar presente no momento da túa quenda. Esperarase un máximo de 5 minutos antes da descalificación. Participación por orde de inscrición.
  • Debe manterse unha actitude deportiva en todo momento. Non se permitirán insultos, empurróns ou condutas inapropiadas.
  • Trata con coidado o material do evento. Evita golpes ou danos nos mandos e equipos.

🎮 Torneo de Mario Kart

  • Partidas de 4 xogadores, con CPU incluída.
  • Modo VS con 4 carreiras:
    • A primeira pista será elixida ao azar pola organización.
    • As seguintes tres serán escollidas polo xogador que vaia último en cada carreira.
  • Eliminación simple.
  • Clasifican os 2 primeiros de cada partida.
  • Máximo de 48 participantes.

⚽ Torneo EA Sports FC 25

  • 5 minutos por parte.
  • Velocidade normal.
  • Campo e condicións climáticas por defecto.
  • Só se permiten equipos de clubs de ligas (non seleccións nin equipos especiais).
  • Eliminación simple.
  • Máximo de 32 participantes.

🏆 Premios dos Torneos eSports

🎮 Mario Kart – Premio ao gañador

🛍️ Tarxeta agasallo de 100 € para gastar no comercio local de Marín.

⚽ EA Sports FC 25 – Premio ao gañador

🛍️ Tarxeta agasallo de 100 € para gastar no comercio local de Marín.

🎁 Premio especial: Sorteo entre participantes

🕹️ PS5 entre todas as persoas participantes rexistradas en calquera dos torneos.

📝FORMULARIO DE INSCRICIÓN