Volta ao Cole Estrela
Compras, premios, novas vantaxes na App e unha gran festa para toda a familia.
Estrela de Marín pon en marcha unha nova edición da campaña Volta ao Cole Estrela, unha iniciativa coa que queremos acompañar ás familias no regreso ás aulas, incentivar as compras no comercio local e premiar a fidelidade da nosa clientela.
Durante setembro combinamos promoción comercial, fidelización, novas ferramentas dixitais e actividades para os máis pequenos, cun gran día de festa para gozar en familia.
Unha Volta ao Cole con máis vantaxes
300 € en tarxetas regalo
Rexistra os teus tickets das compras realizadas nos establecementos asociados na App ou na web de Comercio de Marín e participa no sorteo de 300 € en tarxetas regalo.
Cupóns personalizados
Os establecementos poden crear cupóns vinculados ás compras e envialos directamente á App dos seus clientes, con descontos ou vantaxes para futuras visitas.
Estrelín tamén volve ao cole
Repartiremos coloreables de Estrelín vinculados ás compras, achegando o comercio local ás novas xeracións dunha maneira divertida e familiar.
Como participar no sorteo
Gran Festa da Volta ao Cole
O venres 11 de setembro, a partir das 16:30 horas, a Alameda Rosalía de Castro converterase nun gran espazo de diversión para toda a familia.
Mercamos no comercio local, gañamos tod@s!
Este setembro, merca no comercio local, participa, consegue vantaxes e vive unha Volta ao Cole con Estrela.
Bases da campaña
Consulta as condicións de participación na campaña Volta ao Cole Estrela 2026.
1. Entidade organizadora
A campaña está organizada pola Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín. A participación implica a aceptación íntegra das presentes bases.
2. Duración da campaña
A campaña desenvolverase do 1 ao 17 de setembro de 2026, ambos os dous incluídos.
Só serán válidos os tickets correspondentes a compras realizadas durante este período nos establecementos asociados participantes.
3. Persoas participantes
Poderá participar calquera persoa física maior de idade que realice compras nos establecementos participantes e rexistre correctamente o correspondente ticket.
As persoas menores de idade deberán participar, de ser o caso, a través da súa nai, pai ou representante legal.
4. Como participar
Para participar será necesario:
- Realizar unha compra nun establecemento asociado participante entre o 1 e o 17 de setembro de 2026.
- Conservar o ticket ou xustificante da compra.
- Rexistrar o ticket na App ou na web de Comercio de Marín: www.comerciodemarin.com/sorteos.
- Cubrir correctamente os datos solicitados.
Cada ticket válido correctamente rexistrado dará dereito a participar no sorteo. Un mesmo ticket non poderá rexistrarse máis dunha vez.
5. Validez dos tickets
O ticket deberá:
- corresponder a unha compra efectivamente realizada;
- pertencer a un establecemento asociado participante;
- estar datado entre o 1 e o 17 de setembro de 2026;
- permitir identificar o establecemento e a operación;
- ser perfectamente lexible.
A organización poderá solicitar o ticket orixinal para comprobar a validez da participación.
6. Premios
Entre todas as participacións válidas sortearanse 300 € en tarxetas regalo para utilizar no comercio local nos termos establecidos pola organización.
Os premios non poderán trocarse polo seu equivalente en efectivo.
7. Sorteo e comunicación das persoas gañadoras
O sorteo realizarase unha vez finalizado o período de participación entre todos os tickets válidos rexistrados.
A selección efectuarase de maneira aleatoria. A organización poderá seleccionar persoas suplentes para os casos nos que unha participación resulte inválida, a persoa gañadora renuncie ou non poida ser localizada.
O resultado poderá difundirse a través da web, da App e das redes sociais de Estrela de Marín e Comercio de Marín.
8. Cupóns personalizados
Durante a campaña, os establecementos poderán utilizar a funcionalidade de cupóns personalizados da App Comercio de Marín, vinculándoos ás compras e establecendo as súas propias condicións, descontos ou vantaxes.
As condicións de cada cupón serán as indicadas polo establecemento emisor.
9. Estrelín e materiais promocionais
Durante a campaña poderán entregarse coloreables de Estrelín e outros materiais promocionais nos establecementos participantes, ata esgotar existencias.
10. Gran Festa da Volta ao Cole
O 11 de setembro de 2026, a partir das 16:30 horas, celebrarase a Gran Festa da Volta ao Cole na Alameda Rosalía de Castro.
Para participar nas actividades será necesario amosar un ticket de compra dun establecemento asociado.
A programación inclúe photocall con Estrelín, rocódromo, inchables, obradoiros, ludoteca, pintacaras, xogos tradicionais e Festa Final Holi, esta última no Parque Eguren.
A organización poderá modificar ou suspender actividades por causas meteorolóxicas, técnicas, de seguridade ou forza maior.
11. Escaparates Estrela Dixitais
A campaña inclúe tamén a acción Escaparates Estrela Dixitais, destinada a dar visibilidade nas redes sociais aos produtos e servizos dos comercios de Marín.
12. Participacións fraudulentas
A organización poderá invalidar participacións por duplicidade, falsificación ou manipulación de tickets, datos falsos, utilización fraudulenta da plataforma ou calquera actuación contraria á finalidade da campaña.
13. Protección de datos
Os datos facilitados serán tratados pola Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín coa finalidade de xestionar a participación, realizar o sorteo, contactar coas persoas gañadoras e efectuar a entrega dos premios.
O tratamento realizarase conforme á normativa vixente en materia de protección de datos. As persoas participantes poderán exercer os dereitos que legalmente lles correspondan a través dos medios de contacto habilitados pola Asociación.
14. Comunicación do resultado e imaxe
A organización poderá publicar o nome das persoas gañadoras coa finalidade de informar do resultado da campaña.
A difusión de fotografías ou vídeos identificables efectuarase conforme á normativa aplicable e, cando proceda, solicitarase a correspondente autorización.
15. Modificación ou cancelación
Estrela de Marín resérvase o dereito de modificar, suspender ou cancelar a campaña cando concorran circunstancias técnicas, organizativas, meteorolóxicas, de seguridade ou de forza maior que impidan o seu normal desenvolvemento.
16. Aceptación das bases
A participación na campaña Volta ao Cole Estrela 2026 implica a aceptación das presentes bases.
Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín
Marín · Setembro de 2026
