Que é un comercio

Publicado el por
Cartel da campaña Que é un comercio de Estrela de Marín, do 1 ao 17 de outubro
DO 1 AO 17 DE OUTUBRO DE 2026
Campaña extraordinaria de Estrela de Marín

Que é un comercio?

Durante 17 días queremos mirar o comercio local doutro xeito: descubrir todo o que hai detrás dunha persiana aberta, dun escaparate iluminado e dunha persoa que cada día aposta por Marín.

Un comercio é moito máis ca un lugar onde mercar. É proximidade, confianza e vida de vila.
MERCAMOS NA NOSA VILA, FACEMOS VILA

Unha campaña para descubrir o comercio

Do 1 ao 17 de outubro, Estrela de Marín desenvolve “Que é un comercio”, unha campaña extraordinaria que une comercio, fidelización, educación, cultura, música e participación cidadá.

Queremos poñer en valor todo o que representa o comercio de proximidade: atención cercana, confianza, emprego, dinamización das rúas, identidade e futuro para Marín.

E durante toda a campaña teremos unha protagonista moi especial: Estrelín, a mascota do comercio local de Marín.

DO 1 AO 17 DE OUTUBRO

Tres maneiras de vivir a campaña

🎁

Compra e consegue agasallos

Acumula puntos coas túas compras e cámbiaos polos agasallos exclusivos da campaña.

🏪

Os escaparates falan

Preto de 70 establecementos compartirán mensaxes que lembran todo o que representa un comercio para unha vila.

⭐

Estrelín, protagonista

Música, escolares, familias e actividades especiais coa nosa mascota como embaixadora do comercio local.

🎵⭐ NOVO TEMA MUSICAL

Estrelín

Un brillo musical de ilusión para cantar, bailar e facer vila.

A BANDA SONORA DA CAMPAÑA

Estrelín tamén ten canción

A campaña “Que é un comercio” terá tamén a súa propia banda sonora coa presentación de “Estrelín”, un novo tema musical pensado para conectar con todo o público familiar.

Unha proposta fresca, vitalista e interxeracional que mestura música, teatralidade, enerxía e tenrura, cunha melodía e uns coros pegadizos que convidan a cantar e bailar.

A canción reinventa o cha-cha-chá cunha sonoridade actual e reivindica a ilusión, a empatía, a amizade e a conexión coa familia, coa contorna e co tecido local que sostén as nosas vilas.

🎬 Xoves 1 de outubro Presentación oficial da campaña e do videoclip de “Estrelín”.
🎧 Venres 2 de outubro O tema estará dispoñible en Spotify e nas principais plataformas dixitais.

Mentres agardamos pola estrea de “Estrelín”, podes volver gozar do tema musical que presentamos en 2025 xunto a Lucía Pérez.

Voces principais: Josito Porto e Noa Antepazo · Letra, música, arranxos e produción: Juan Antepazo · Coros: Arturo Sabugueiro e Juan Antepazo · Duración: 3:15 min.
CLUB DE FIDELIZACIÓN COMERCIO DE MARÍN

As túas compras teñen premio

Desde o 1 de outubro, compra nos establecementos participantes, acumula puntos e cámbiaos polos agasallos exclusivos de Que é un comercio.

🧲Imáns
🔑Chaveiros
🧢Gorras
👕Camisetas
🎒Mochilas
✏️Estoxos
💧Botellas
⭐Estrelín
⭐ O agasallo estrela

Un Estrelín feito en crochet, unha peza moi especial creada para esta campaña.

DESDE O 1 DE OUTUBRO
~70

escaparates cunha mensaxe

Preto de 70 establecementos converterán os seus escaparates en espazos para lembrar por que o comercio local é fundamental para a vida dunha vila.

Un comercio é unha persoa que aposta pola súa vila.
Un comercio é proximidade, confianza e trato cercano.
Un comercio é unha luz acesa nas nosas rúas.
Un comercio é vida, emprego e futuro.
TODO O QUE VAI PASAR

Vive “Que é un comercio”

Actividades da campaña Que é un comercio de Estrela de Marín
Información da campaña Que é un comercio de Estrela de Marín
MÉRCORES 14 DE OUTUBRO

Estrelín recibe aos escolares

~500 escolares

Unha mañá moi especial no Auditorio de Marín

Preto de 500 escolares poderán coñecer a Estrelín nunha actividade especial pensada para achegar ás novas xeracións os valores do comercio local.

A música terá tamén un papel protagonista. “Estrelín” converterase na peza central dun novo espectáculo que se estreará ese mesmo día no Auditorio Municipal de Marín.

Estrelín subirá ao escenario e interactuará en directo con Josito Porto e Noa Antepazo, combinando música, teatro, participación e moitas sorpresas.

Porque aprender que significa un comercio tamén é aprender como se constrúe unha vila máis viva.

Cartel da obra A nena que quería navegar dentro da campaña Que é un comercio
SÁBADO 17 DE OUTUBRO

O gran broche final

A nena que quería navegar · Redrum Teatro

O Auditorio de Marín acollerá unha tarde moi especial en familia como peche da campaña extraordinaria “Que é un comercio”.

A nena que quería navegar é un espectáculo familiar de Redrum Teatro cheo de emoción, humor e valores como a autoestima, a confianza, a diversidade e a importancia de perseguir os nosos soños.

🚪 18:00 h Apertura de portas
⭐ 18:30 h Actividades con Estrelín
🎭 19:00 h Inicio da función
📍 Auditorio de Marín

🎟️ Entradas gratuítas

As entradas son gratuítas e exclusivas para clientes do Club de Fidelización Comercio de Marín.

É necesaria reserva previa a través de Ticketrona e estarán dispoñibles ata completar aforo.

A selección dos asentos realizarase por orde de chegada ao Auditorio.

GARDA AS DATAS

17 días para facer vila

1 de outubro · Comeza “Que é un comercio”

Comeza a acumulación de puntos, o catálogo de agasallos, aparecen as mensaxes nos escaparates e presentamos oficialmente o videoclip de “Estrelín”.

2 de outubro · “Estrelín” chega ás plataformas

O novo tema musical estará dispoñible en Spotify e nas principais plataformas dixitais.

Do 1 ao 17 · Compra, suma puntos e consegue agasallos

As compras nos establecementos participantes permiten sumar puntos no Club de Fidelización Comercio de Marín.

14 de outubro · Estrelín e preto de 500 escolares

Actividade especial no Auditorio e estrea dun novo espectáculo no que a música, o teatro e Estrelín serán protagonistas.

17 de outubro · Gran final

Desde as 18:00 h no Auditorio de Marín e, ás 19:00 h, representación de “A nena que quería navegar”.

Mercamos na nosa vila, facemos vila.

Cada compra no comercio local contribúe a manter vivas as nosas rúas, apoiar o emprego, fortalecer a economía de proximidade e construír o futuro de Marín.

Cofinancia: Xunta de Galicia · Comercio Galego
Colabora: Concello de Marín
Organiza: Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín