Que é un comercio?
Durante 17 días miramos o comercio local doutro xeito: descubrimos todo o que hai detrás dunha persiana aberta, dun escaparate iluminado e dunha persoa que cada día aposta por Marín.
Así foi “Que é un comercio”
Do 1 ao 17 de outubro, Estrela de Marín desenvolveu “Que é un comercio”, unha campaña extraordinaria que uniu comercio, fidelización, educación, cultura, música e participación cidadá.
O obxectivo foi poñer en valor todo o que representa o comercio de proximidade: atención próxima, confianza, emprego, dinamización das rúas, identidade e futuro para Marín.
Durante toda a campaña tivemos unha protagonista moi especial: Estrelín, a mascota do comercio local de Marín.
Así vivimos “Que é un comercio”
Durante 17 días, Marín viviu unha campaña creada para amosar todo o que representa o comercio local: proximidade, confianza, emprego, educación, cultura, participación e vida de vila.
Comercio, escolares, familias, Estrelín, música, agasallos, escaparates e cultura reuníronse nunha campaña coa que volvemos demostrar que mercar na nosa vila é facer vila.
Unha campaña con impacto medible
“Que é un comercio” combinou educación, fidelización, cultura, identidade e participación cidadá nunha mesma proposta, acadando resultados que reforzan a capacidade do comercio local para conectar coa vila.
Arredor de 500 escolares
Participaron na actividade educativa do 14 de outubro no Auditorio Municipal de Marín.
484 asistentes
O acto final practicamente completou o aforo do Auditorio cunha elevada presenza de familias.
Preto de 200 novas altas
O Club de Fidelización Comercio de Marín incorporou novos usuarios durante os 17 días de campaña.
15.538,57 €
Movementos acumulados no sistema de fidelización durante o período da campaña.
Centos de agasallos
Foron canxeados pola clientela mediante os puntos acumulados nas compras.
34 estudantes de FP
Participaron na acción “Escaparates con mensaxe”, aplicando visual merchandising en comercios reais de Marín.
Así comezou “Que é un comercio”
O Auditorio de Marín acolleu a presentación oficial aos medios da campaña extraordinaria “Que é un comercio”, unha iniciativa de Estrela de Marín que uniu comercio, educación, fidelización, cultura e participación cidadá.
Durante o acto déronse a coñecer as principais accións da campaña, o papel de Estrelín e unha programación que pretende amosar que detrás de cada comercio hai persoas, emprego, confianza, identidade e vida de vila.
Tres eixos que deron forma á campaña
Compra e consegue agasallos
As compras nos establecementos participantes permitiron acumular puntos e trocalos polos agasallos exclusivos da campaña.
Os escaparates falan
Preto de 80 establecementos compartiron mensaxes que lembran todo o que representa un comercio para unha vila.
Estrelín, protagonista
Música, escolares, familias e actividades especiais coa nosa mascota como embaixadora do comercio local.
Estrelín
Un brilo musical de ilusión para cantar, bailar e facer vila.
Estrelín tamén ten canción
“Que é un comercio” contou coa súa propia banda sonora: “Estrelín”, un tema creado especialmente para a campaña e pensado para conectar con todo o público familiar.
Unha proposta fresca, vitalista e interxeracional que mestura música, teatralidade, enerxía e tenrura, cunha melodía e uns coros pegadizos que convidan a cantar e bailar.
A canción reinventa o cha-cha-chá cunha sonoridade actual e reivindica a ilusión, a empatía, a amizade e a conexión coa familia, coa contorna e co tecido local que sostén as nosas vilas.
Ponlle volume a “Estrelín”
Música, Estrelín e Marín únense no videoclip oficial da canción creada como banda sonora de “Que é un comercio”.
As compras tiveron premio
Durante a campaña, as compras nos establecementos participantes permitiron acumular puntos e trocalos polos agasallos exclusivos de Que é un comercio.
Un Estrelín feito en crochet, unha peza moi especial creada para esta campaña.
escaparates falaron de comercio local
Preto de 0 establecementos converteron os seus escaparates en espazos para lembrar por que o comercio local é fundamental para a vida dunha vila. A acción contou tamén coa participación de 34 estudantes de FP de Actividades Comerciais da Escola Mendiño de Vigo, que aplicaron coñecementos de visual merchandising e escaparatismo en establecementos reais de Marín.
Así se presentou a programación
Estrelín recibiu aos escolares
Unha mañá moi especial no Auditorio de Marín
Arredor de 500 escolares do CEIP A Laxe, CEIP do Carballal, CEIP O Sequelo e Escola de Educación Infantil O Grupo coñeceron a Estrelín nunha actividade especial pensada para achegar ás novas xeracións os valores do comercio local.
A música tivo tamén un papel protagonista. “Estrelín” converteuse na peza central dun novo espectáculo estreado ese mesmo día no Auditorio Municipal de Marín.
Estrelín subiu ao escenario e interactuou en directo con Josito Porto e Noa Antepazo, combinando música, teatro, participación e moitas sorpresas.
Durante a actividade traballáronse cinco conceptos fundamentais: proximidade, confianza, comunidade, identidade e economía local. A rapazada participou con xogos, preguntas, exemplos prácticos e música, e todos os escolares acudiron coa camiseta oficial da campaña.
Como continuidade da acción educativa, distribuíuse tamén o coloreable oficial protagonizado por Estrelín, levando a mensaxe da campaña máis alá do Auditorio e ata os fogares.
Porque aprender que significa un comercio tamén é aprender como se constrúe unha vila máis viva.
O gran broche final
A nena que quería navegar · Redrum Teatro
O Auditorio de Marín acolleu unha tarde moi especial en familia como peche da campaña extraordinaria “Que é un comercio”.
A nena que quería navegar é un espectáculo familiar de Redrum Teatro cheo de emoción, humor e valores como a autoestima, a confianza, a diversidade e a importancia de perseguir os nosos soños.
O acto previo á representación contou coa condución de Esther Estévez xunto con Estrelín e incorporou unha dinámica participativa coa rapazada baseada en debuxos para visibilizar que todas as persoas somos diferentes, únicas e especiais. O comercio local, a cultura e a educación volveron compartir protagonismo.
O acto final contou con 484 asistentes, practicamente completando o aforo do Auditorio. Ao remate da función, decenas de nenos e nenas participaron no photocall con Estrelín, deixando unha das imaxes máis especiais do peche da campaña.
🎟️ Un peche aberto ás familias
As entradas foron gratuítas e exclusivas para clientes do Club de Fidelización Comercio de Marín.
A reserva realizouse previamente a través de Ticketrona ata completar o aforo dispoñible.
O acceso aos asentos realizouse por orde de chegada ao Auditorio.
17 días que xa forman parte da historia da campaña
1 de outubro · Comeza “Que é un comercio”
Comeza a acumulación de puntos, o catálogo de agasallos, aparecen as mensaxes nos escaparates e presentamos oficialmente o videoclip de “Estrelín”.
2 de outubro · “Estrelín” chega ás plataformas
O novo tema musical chegou en Spotify e nas principais plataformas dixitais.
Do 1 ao 17 · Compra, suma puntos e consegue agasallos
As compras nos establecementos participantes permitiron sumar puntos no Club de Fidelización Comercio de Marín.
14 de outubro · Estrelín e preto de 500 escolares
Actividade especial no Auditorio e estrea dun novo espectáculo no que a música, o teatro e Estrelín foron protagonistas.
17 de outubro · Gran final
O Auditorio de Marín acolleu o acto final, conducido por Esther Estévez, e a representación de “A nena que quería navegar”.
A campaña tamén navegou nas redes e nos medios
“Que é un comercio” contou cunha ampla difusión en redes sociais, medios de comunicación, web e plataformas dixitais, ampliando o alcance da campaña máis alá das actividades presenciais.
+25.000 visualizacións
O videoclip de “Estrelín” acadou preto de 25.000 visualizacións en TikTok.
484 asistentes
O acto final practicamente completou o aforo do Auditorio Municipal de Marín.
Arredor de 500 escolares
Participaron na actividade educativa celebrada o 14 de outubro.
Preto de 200 novas altas
Incorporáronse ao sistema de fidelización de Comercio de Marín.
15.538,57 €
Movementos acumulados no sistema de fidelización durante a campaña.
Amplia repercusión mediática
Presentación, actividade educativa, acto final e balance tiveron presenza continuada nos medios.
A campaña nos medios
Selección de publicacións que recolleron os principais fitos de “Que é un comercio”, desde a presentación da campaña ata o seu balance final.
Unha campaña con vocación de continuidade
“Que é un comercio” permitiu falar do comercio local desde unha perspectiva diferente: non só como espazo de compra, senón como parte esencial da comunidade, da economía e da identidade de Marín.
A creación de Estrelín corpóreo, o tema musical, os materiais educativos, a acción cos escaparates, o sistema de fidelización e os contidos xerados deixan recursos permanentes que poderán seguir empregándose en futuras accións de dinamización.
A elevada participación das familias e da comunidade educativa, as novas altas no Club de Fidelización, o volume de movementos rexistrados e a boa acollida de Estrelín confirman o cumprimento dos obxectivos da campaña.
Mercamos na nosa vila, facemos vila.
Cada compra no comercio local contribúe a manter vivas as nosas rúas, apoiar o emprego, fortalecer a economía de proximidade e construír o futuro de Marín.
Colabora: Concello de Marín
Organiza: Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín
