Campaña Estrela (17-18)

Publicado el por

O CCA ESTRELA DE MARÍN PON EN MARCHA A X EDICIÓN DA CAMPAÑA ESTRELA, NA CAL SE REPARTIRÁN 3.000 € EN VALES COMPRA.

Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, dende este mes de outubro e ata o 31 de xullo de 2018, a X Edición da Campaña Estrela.

A dinámica da campaña é moi sinxela. Repartiranse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos e cos seus datos persoais, deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo.

Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este outubro a xullo de 2018, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 100€ en cada un.

Os sorteos efectuaranse os seguintes dias: 31 de outubro, 30 de novembro, 29 de decembro, 31 de xaneiro, 28 de febreiro, 28 de marzo, 30 de abril, 31 de maio, 29 de xuño e 31 de xullo. Os gañadores disporán dun mes para canxear o vale.

 

 

 

 

 

– SORTEO OUTUBRO: Darío Campos Gestido (Nube, Green & Grey e o Priorato) ENTREGA DE VALE COMPRA OUTUBRO

– SORTEO NOVEMBRO: María Luisa Rosales Fernández (Casual, Nube e Bebé Katy) ENTREGA DE VALE COMPRA NOVEMBRO 

– SORTEO DECEMBRO: Tamara Veiga Martínez (Unidental, Green & Grey e Electrodomésticos Novo Ogando)  ENTREGA DE VALE COMPRA DECEMBRO

– SORTEO XANEIRO: Víctor Santiago del Rosario (Nube, Nova Imaxe e Deportes Xesta) ENTREGA DE VALE COMPRA XANEIRO

-SORTEO FEBREIRO: Manuel Rosales Riobó (Casual, Servilar e El Priorato) ENTREGA DE VALE COMPRA FEBREIRO

-SORTEO MARZO: Lidia Calviño Melón (Irati, Bule Bule e Cafetería Hamburguesería Xaínza) ENTREGA DE VALE COMPRA MARZO

-SORTEO ABRIL: Julia Méndez Barciela (Elegant, Carnicería Manolo “O Maño” e Pescados e Mariscos Begoña) ENTREGA DE VALE COMPRA ABRIL 

-SORTEO MAIO: Crisante Balado Conde (Confitería Orensana Peña, Lencería Loli e Librería Maky)  ENTREGA DE VALE COMPRA MAIO

-SORTEO XUÑO: Lara Pérez Area (Casual, Nube e Bebé Katy) ENTREGA DE VALE COMPRA XUÑO