Baixo este nome, dende o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín poremos en marcha dende o 11 de decembro ao 11 de xaneiro, unha nova edición da campaña de dinamización comercial de nadal, cos obxectivos de incentivar o consumo e premiar a fidelidade dos clientes.
Deste xeito, cada establecemento asociado disporá dun cartel A2 e de 200 boletos que repartirá entre os seus clientes no momento da compra. Os boletos (estilo “tómbola”) agocharán multitude de premios directos (40 xamóns, 100 estoxos de viño, artigos de xoiería, artigos de florería, packs de estética, vales compra, agasallos para os máis cativos, vales desconto e 1000 bolsas reutilizables) e no caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 2 vales compra de 100€, 4 vales compras de 50€ e 3 xamóns, no sorteo que se efectuará o mércores 11 de xaneiro ás 13 horas.
Repartiranse en total máis de 30.000 boletos e premios valorados en máis de 5.000 €.
Como novidade, este ano instalaremos un tiovivo na alameda dende o venres 15 de decembro. Este dia, ás 18 horas inauguraremos a atracción e ata as 21 horas poderase gozar dela dun xeito gratuito. O resto dos dias (ata o 7 de xaneiro), os establecementos asociados repartirán uns vales cos que se poderá utilizar a atracción de balde. Sen estos vales a atracción terá un custo de 1€. Agradecemos a colaboración do Concello de Marín, no tocante á ocupación da Alameda e do uso da electricidade.
Esa mesma tarde do venres 15, contaremos coa visita de Papá Noel que recollerá as cartas d@s nen@s.
Ademais, o 22 e 23 de decembro, Papá Noel percorrerá os establecementos asociados, agasallando con caramelos aos máis cativos. E na medianoite do 24 de decembro, Papé Noel agasallará cunha cesta de xoguetes a/o nena/o cuxa carta se escolla do buzón de Nadal, que se instalará na sede social de Estrela dende o 15 de decembro. As cartas que se depositen, deberán conter dirección e teléfono de contacto.
Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín, de “La Caixa” e da Xunta de Galicia, na posta en marcha da campaña.