IV Edición “Destápate por Marín”

Publicado el por

O CCA ESTRELA DE MARÍN, PON EN MARCHA A “IV EDICIÓN DE DESTÁPATE POR MARÍN” 

COINCIDINDO CO “DÍA MUNDIAL DA TAPA” 14 LOCAIS DE HOSTELERÍA, OFRECERÁN AS SÚAS TAPAS DO 15 AO 25 DE XUÑO A UN PREZO DE 1,50 € –

MARÍN, A ÚNICA LOCALIDADE GALEGA, PRESENTE NA  RUTA “DÍA MUNDIAL DE LA TAPA”

Co obxectivo de revitalizar a hostelería de Marín, poremos en marcha, do 15 ao 25 de xuño en horario de 12.30-15.00 e 19.30-22.30, a IV Edición de “DESTÁPATE POR MARÍN”. Trátase dun concurso de tapas, no que participarán 14 locais de hostelería, que elaborarán unha única tapa. O prezo da mesma será de 1,5€.

A dinámica do concurso é moi sinxela. Os clientes disporán dun “Tapasporte” que estarán dispoñibles nos locais participantes (este documento poderase descargar tamén no seguinte enlace) que selarán a medida que proben as tapas. As persoas que completen toda a ruta, entrarán no sorteo do peso d@ gañador@ en cervexa e do seu peso en viño e aqueles que realicen o 70% da ruta (10 tapas) participarán no sorteo de 6 xamóns.

Para entrar no sorteo dos premios, deberase depositar o “Tapasporte”, cos seus datos persoais, na urna que se habilitará para tal fin na sede social, en horario de 09 a 14 hrs. Os sorteos efectuaranse o 28 de xuño as 14 horas na sede social do CCA.

Ademáis, as 10 primeiras persoas que entreguen o tapasporte completo, obterán un premio directo, consistente nunha botella de viño.

Nos propios tapasportes, os consumidores poderán votar polas diferentes tapas do 1 ao 5. Para coñecer á tapa máis votada, só se computarán os votos de aqueles tapasportes que teñan alomenos os selos de 10 locais participantes.

Ademáis, cada vez que un cliente pida unha tapa do concurso, recibirá unha papeleta para poder valorar do 1 ao 5 a atención e servizo recibido e poderán depositala, conxuntamente cos seus datos persoais, na urna que se habilite para tal fin no propio establecemento entrando no sorteo de ceas e de xamóns.

Os locais participantes nesta IV Edición son: Restaurante A Lonja Vella, Café Bar Emily, Tapería El Camarote, Hotel Villa de Marín, Cafetería Royalty, Bar Freixo, Boa Mestura Bar Restaurante, Hotel Residencia Marín, Tapería Matinèe, Vinoteca Agustín, Café Bar K-Nobbe, Bar Marexada, Tapería El Cortijo e Cacho Pizza.

Podes consultar as tapas tamén neste enlace: Tapas participantes en “Destápate por Marín 2017”

Queremos agradecer a colaboración de La Caixa e do Concello de Marín na posta en marcha desta IV Edición do “Destápate por Marín”.