VIII STOCK MARÍN

Publicado el por

Coincidindo coa clásica tempada de rebaixas de verán, poremos en marcha, coa colaboración do Concello, na Alameda, do 1 ao 3 de agosto, a VIII Edición de Stock Marín. Este evento, que vén a sustituir ao Saldomarín, posibilita aos participantes darlle saída aos stocks que se van acumulando durante o ano nos seus establecementos, stocks que en moitos casos non poden almacenar debido as limitacións de espacio co que contan.
Instalaranse 22 carpas individuais: 18 de 5*5m e 4 de 3*3m, das cales, practicamente a totalidade correspóndense con negocios da vila. Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 50%) productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, papelería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 (o domingo pecharase ás 21horas) e a entrada será gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo.
Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento, a tarde do domingo, ás 19.30h realizarase un sorteo presencial de 1.000€ en tarxetas regalo. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 17 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 150€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada. O gasto efectuarase durante a feira de stocks. Dos vales compra non se devolverá cambio. Máis info en https://www.estrelademarin.gal/sorteo-presencial-1000e-3-de-agosto-stock-marin/

Tamén haberá regalos (ata fin de existencias) e habilitarase un photocall, que dará a opción de acadar premios. Os máis novos (ata 25 anos), poderán participar no torneo de FIFA25 o sábado pola tarde de 19.30 a 21.30 horas. Inscrición na seguinte ligazón https://www.estrelademarin.gal/esports-stock-marin-agosto-25/

Os establecementos participantes nesta VIII edición do Stock Marín son: A Mi Love, Acolá Trend, Bebé Katy, Bolboreta, CCA Estrela de Marín, Data Marín, Delirious, Deportes Xesta, El Armario de Alia, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Nene’s Moda Infantil, Makacos Bueu, Orballo da Ponte, OSBS, Paíno & Maína, San Carlos, Servilar Deco & Design, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica