A Noite Estrela

Publicado el por

Noite Estrela

O vindeiro venres 10 de xullo, o comercio local de Marín vivirá unha das citas máis especiais do verán coa celebración da Noite Estrela, unha acción de dinamización integrada na campaña Vive un Verán Estrela.

Durante esa xornada, os establecementos participantes permanecerán abertos ata a medianoite, ofrecendo unha experiencia de compra diferente, nun ambiente festivo, con música na rúa, promocións especiais e propostas pensadas para animar a clientela a gozar do comercio local nun horario distinto ao habitual.

Promocións especiais na APP Comercio de Marín

Todas as promocións e/ou descontos que apliquen os establecementos participantes poderanse consultar no apartado de Promocións da APP Comercio de Marín, (Promocions | Comercio de Marín) facilitando así que a clientela poida coñecer con antelación as ofertas dispoñibles e organizar as súas compras durante a Noite Estrela.

Ademais, todas as compras realizadas entre as 20.00 h e as 00.00 h duplicarán os seus puntos, que posteriormente poderán canxearse polos regalos da campaña Vive un Verán Estrela. Deste xeito, a Noite Estrela convértese nunha oportunidade perfecta para mercar, aproveitar promocións e, ao mesmo tempo, seguir sumando vantaxes no club de fidelización.

Descarga a APP e accede a toda a información

A través da APP Comercio de Marín, as persoas usuarias poderán consultar:

  • os establecementos participantes,
  • as promocións activas durante a noite,
  • e toda a información relacionada coa campaña.

Porra especial do partido España – Bélxica

Co gallo do partido España – Bélxica, poñerase en marcha tamén unha acción especial de participación e dinamización arredor da Noite Estrela: unha porra na que a clientela poderá optar a unha tarxeta regalo de 50€ para gastar nos establecementos participantes.

Para participar será necesario:

  • seguir a conta de instagram de Estrela de Marín Instagram,https://www.instagram.com/cca_estrelademarin/
  • comentar o resultado que se cre que vai quedar no partido,
  • indicar a quen lle comprarías algo cos 50€,
  • e compartir a publicación na túa historia.

A persoa que acerte o resultado exacto levará a tarxeta regalo. No caso de que haxa varios acertantes, realizarase un sorteo entre todas as persoas que dean coa resposta correcta.

Unha noite para mercar, gozar e apoiar o comercio local

A Noite Estrela nace co obxectivo de encher de vida as rúas comerciais de Marín, incentivar as compras no comercio de proximidade e ofrecer unha experiencia diferente, atractiva e participativa tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

Promocións, descontos, música, compras, puntos dobres e unha porra con premio para completar unha noite pensada para vivir o verán apoiando o comercio local.

Noite Estrela: merca, goza e apoia o local.