Rexistra os teus tickets de compra e gaña 1 tarxeta regalo de 50€. Do 16 ao 24 de maio, poderás rexistrar os teus tickets no seguinte formulario.

Certificado de validez do sorteo
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín organiza un concurso dirixido ao alumnado de 1º da ESO a 2º de Bacharelato dos centros educativos de Marín. O obxectivo é fomentar a creatividade e achegar a mocidade ao comercio local mediante a creación de vídeos curtos (máximo 30 segundos) realizados con móbiles, onde se reflexione sobre o comercio da vila: como o perciben, que lles gusta, que mellorarían…
O concurso terá lugar do 12 ao 21 de maio de 2025 e consistirá na creación de vídeos individuais en formato MP4 ou MOV, gravados en Marín (preferentemente en locais comerciais ou hostaleiros), cun premio de 100 € para gastar no comercio local e coa difusión do vídeo nas redes sociais.
Cada participante poderá presentar varios traballos e a inscrición realizarase a través do formulario dispoñible nesta páxina.

