eSPORTS STOCK MARÍN AGOSTO 25

Publicado el por

🎮 Bases do Torneo eSports FIFA 25 – STOCK MARÍN – Alameda Rosalía de Castro de Marín – 2 de agosto – 19.30hrs

📌 Bases xerais

  • As inscricións estarán abertas ata 10 minutos antes do inicio de cada torneo.
  • A participación é totalmente gratuita, previa presentación dalgún ticket de compra de calquer posto participantes no «Stock Marín ou captura de pantalla, onde se demostre que se compartiu en redes sociais o cartel da campaña.
  • É obrigatorio estar presente no momento da túa quenda. Esperarase un máximo de 5 minutos antes da descalificación. Participación por orde de inscrición.
  • Debe manterse unha actitude deportiva en todo momento. Non se permitirán insultos, empurróns ou condutas inapropiadas.
  • Trata con coidado o material do evento. Evita golpes ou danos nos mandos e equipos.

⚽ Torneo EA Sports FC 25

  • 5 minutos por parte.
  • Velocidade normal.
  • Campo e condicións climáticas por defecto.
  • Só se permiten equipos de clubs de ligas (non seleccións nin equipos especiais).
  • Eliminación simple.
  • Máximo de 32 participantes.

🏆 Premios dos Torneos eSports

⚽ EA Sports FC 25 – Premio ao gañador

🛍️ Tarxeta agasallo de 100 € para gastar nos participantes do «Stock Marín».