
A IX Edición da feira de oportunidades «Stock Marín», celebrarase do 6 ao 8 de febreiro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é a tempada de rebaixas tradicionais de inverno.
12 establecementos comerciais, participarán nesta edición de inverno, do «Stock Marín». A montaxe deste evento, levarase a cabo utilizando unha carpa climatizada de 35*10 metros, que se instalará na alameda.
Feira con grandes descontos
Aproveitando datas, nas que os establecementos comerciais soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como son as rebaixas de inverno, levaremos a cabo esta feira de oportunidades. Deste xeito, 12 establecementos comerciais, ofrecerán a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, bisutería, papelería, material escolar, xoguetería e mercería. O horario do evento será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 (o domingo pecharase ás 20.00hrs) e a entrada será gratuíta.
Sorteo presencial de 500€
Coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que realicen algunha compra, nos establecementos que participan na acción (consultalos aquí), celebraremos un sorteo presencial de 500€. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 10 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción.
Polas compras efectuadas, os clientes recibirán unha papeleta que deberán cumplimentar cos datos requeridos (nome completo, dni, idade, PVP da compra efectuada e o selo de establecemento onde se fixo a compra). Para participar no sorteo e optar ao premio dos 500€ en vales compra, deberase depositar a papeleta na urna que se habilitará para tal fin e estar presente na carpa o domingo ás 19.00. Iranse extraendo papeletas, ata que apareza un/unha gañador/gañadora. A persoa gañadora, deberase acreditar co seu DNI (ou documento análogo).
Establecementos participantes na IX Edición do Stock Marín
A mi Love, Acolá Trend, Bolboreta, Delirious, El Armario de Alia, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte, Paíno & Maína, Tamara Onlinee, Tamara Piel e Toscana.
Novidade
Como novidade nesta edición, contaremos cun servizo de ludoteca que será gratuito para todos os clientes do club de fidelización «Comercio de Marín»
- Descarga Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.comerciodemarin.app&pcampaignid=web_share
- Descarga IOs: https://apps.apple.com/es/app/comercio-de-marin/id6752963627
O evento é organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e no mesmo colabora o Concello de Marín e cofinancia a Xunta de Galicia.