A morriña non ten brazos pero aperta forte o corazón
A Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos, da que forma parte o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín acaba de por en marcha unha campaña denominada «A morriña non ten brazos pero aperta o corazón’ co obxectivo de reforzar a imaxe do comercio local e recordarnos que están ao carón e continuarán aí unha vez logremos superar esta situación.
Esta campaña manterase activa ata o 12 de abril e con ela premiase a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade así como tamén se reforza a imaxe e unidade deste sector.
Participando nesta campaña poderás conseguir un dos 27 vales de compra de 50€ que se sortearán o luns 13 de abril.
A participación é moi sinxela:
- Acceder á conta de Facebook da asociación Galega de Xerentes de CCAS e buscar o post do concurso.
- Compartir o post da campaña de maneira pública,
- Facer un comentario indicando que é o que máis botas de menos do comercio local mediante un texto, un debuxo, unha foto ou un vídeo
- Indicar a localidade onde che gustaría mercar no caso de gañar algún vale de compra. Os vales son un agasallo dos CCAS participantes na campaña e poderanse gastar soamente nos establecementos asociados.