O CCA ESTRELA DE MARÍN PON EN MARCHA A XI EDICIÓN DA CAMPAÑA ESTRELA, NA CAL SE REPARTIRÁN 3.000 € EN VALES COMPRA.
Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, dende o mes de setembro e ata o 28 de xuño de 2019, a XI Edición da Campaña Estrela.
A dinámica da campaña é moi sinxela. Repartiranse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta con tres selos de outros tantos establecementos, e cos seus datos persoais deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo.
Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este setembro a xuño de 2019, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 100€ en cada un.
Os sorteos efectuaranse os seguintes dias: 28 de setembro, 31 de outubro, 30 de novembro, 31 de decembro, 31 de xaneiro, 28 de febreiro, 29 de marzo, 30 de abril, 31 de maio e 28 de xuño.
Entrega vale compra marzo
Entrega vale compra febreiro
Entrega vale compra xaneiro
Entrega vale compra decembro
Entrega vale compra novembro
Entrega vale compra outubro
Entrega vale compra setembro