Campaña Estrela 19-20

Publicado el por

O CCA ESTRELA DE MARÍN PON EN MARCHA A XII EDICIÓN DA CAMPAÑA ESTRELA, NA CAL SE REPARTIRÁN 3.000 € EN VALES COMPRA.

Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, dende o mes de setembro e ata o 30 de xuño de 2020, a XII Edición da Campaña Estrela.

A dinámica da campaña é moi sinxela. Repartiranse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta con tres selos de outros tantos establecementos, e cos seus datos persoais deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo. Non serán válidas aquelas papeletas que veñan cumplimentadas por familiares directos do establecemento que as sele. 

Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este setembro a xuño de 2020, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 100€ en cada un.

Os sorteos efectuaranse os seguintes dias: 30 de setembro, 31 de outubro, 29 de novembro, 27 de decembro, 31 de xaneiro, 28 de febreiro, 31 de marzo, 30 de abril, 29 de maio e 30 de xuño.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

ENTREGA VALE COMPRA SETEMBRO