CAMPAÑA ESTRELA 2022

Publicado el por

O CCA ESTRELA DE MARÍN PON EN MARCHA, DESDE O 1 DE FEBREIRO, UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA ESTRELA, NA CAL SE REPARTIRÁN ATA 2.000€ EN VALES COMPRA.

Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, a XIV Edición da Campaña Estrela.

A dinámica da campaña é moi sinxela. Os clientes, polas compras e consumos realizados, recibirán unhas tarxetas con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta con tres selos de outros tantos establecementos, e cos seus datos persoais deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo. Non serán válidas aquelas papeletas que veñan cumplimentadas por familiares directos ou empregad@s do establecemento que as sele. 

Nesta edición sortearanse 10 tarxetas regalo por importe de 150 €, cada mes, desde este mes de febreiro ao mes de novembro de 2022, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 50€ en cada un.

Ademáis, aqueles clientes que resulten agraciados no sorteo, se forman parte do club de fidelización “Comercio do Morrazo, incrementarase o seu premio noutros 50€, que se ingresarán na súa tarxeta de fidelización.

BASES