Campaña Primavera
VIVE UNHA PRIMAVERA ESTRELA 2017!
Baixo este nome poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial, mediante a cal pretendemos incentivar as compras e fidelizar aos clientes sorteando 900 € en vales compra. Deste xeito pasámosvos a detallar en que consiste:
a)Entregaremos 500 papeletas e 1 cartel A3 para cada establecemento.
b) As papeletas entregaranse aos clientes, dende o 14 de marzo ao 14 de xuño, que deberán cumplimentalas edepositalas nas urnas habilitadas para tal fin. Unha urna, ubicarase na sede social en horario de oficina e estará dispoñible tamén fóra deste horario xa que se ubicará na entrada da galería da rúa Real. Outra urna, colocarase na Praza de Abastos.
c)Entre todas as papeletas sortearanse o 15 de xuño ás 13 horas, 9 vales compra por importe de 900* €
* 2 vales de 200 € * 3 vales de 100 € * 4 vales de 50 €
Os vales compra consumiranse nos establecementos que outorguen os premios, por este motivo AS PAPELETAS QUE NON VEÑAN SELADAS NON PARTICIPARÁN NO SORTEO.
*Non poden participar na campaña os propietarios dos establecementos asociados, así como tampouco se admitirán boletos dos seus empregados ou familiares directos, selados no seu establecemento.