COMEZA O ANO CON BOA PATA 19-20

Publicado el por

“Un ano máis, Marín contará cun carrusel infantil que dinamizará este Nadal”

Baixo este nome, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín porá en marcha dende o 9 de decembro ao 9 de xaneiro, unha nova edición da campaña de dinamización comercial de nadal, cos obxectivos de incentivar o consumo e premiar a fidelidade dos clientes.

Deste xeito, cada establecemento asociado disporá dun cartel A2 e de 200 boletos que repartirá entre os seus clientes no momento da compra. Os boletos (estilo “tómbola”) agocharán multitude de premios directos (40 xamóns, 100 estoxos de viño, artigos de xoiería, vales compra, agasallos para os máis cativos, vales desconto e 700 bolsas reutilizables) e no caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 1 vales compra de 100€, 2 vales compras de 50€ e 3 xamóns, no sorteo que se efectuará o xoves 9 de xaneiro ás 13 horas.

Repartiranse en total máis de 30.000 boletos e premios valorados en máis de 5.000 €.

Outro anos máis instalaremos un “Carrusel Infantil” na alameda que funcionará dende este sábado 30 de novembro ata o 7 de xaneiro. O horario da atracción será de tarde de 17 a 21 ata o 20 de decembro e a partir desa data, funcionará tamén de mañá de 11 a 14h. Para poder gozar da atracción, os establecementos asociados repartirán máis de 2.000 vales cos que se poderá ir dun xeito gratuito. Para os que non dispoñan destos vales, o carrusel terá un prezo de 1.5€. Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín, que volta apostar polo carrusel un ano máis

A tarde do venres 13 de decembro, en horario de 17 a 21 hrs, Papá Noel recibirá a toda/os a/os nena/os no palco da música da alameda, coa finalidade de que poidan deixarlle a súa carta, conversar e fotografiarse con el. En caso de choiva, a recepción levarase a cabo no interior da carpa que se instalará na Alameda.

Ademáis este ano, o CCA Estrela de Marín colabora novamente co mini-mercado de nadal que organizan as ANPAS do noso concello, e haberá diversos obradoiros que imos poñer en marcha no interior da carpa así como un photocall de nadal.

Como novidade, os días previos á recepción, visitaranse os centros educativos da vila, para repartir a carta oficial de Papá Noel. Estas visitas realizaraas o Mago Paco acompañado dunha elfa e irán provistos dunha pizarra máxica que transmitirá unha mensaxe de Papá Noel.

Entre todas as cartas que se depositen no buzón que se habilitará para tal fin, Papá Noel escollerá unha e o dia 24 de decembro e a/o nena/o cuxa carta se escolla do citado buzón, recibirá na súa casa unha visita moi especial. Queremos agradecer a colaboración en especial do Concello de Marín e tamén de “La Caixa” e da Xunta de Galicia, na posta en marcha da campaña.