Distribución Espazos Stock Marín

Publicado el por

A IX Edición de STOCK MARÍN, celebrarase do 31 de xullo ao 2 de agosto, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín.

A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, celebraron no Concello, o sorteo da distribución dos espazos da IX Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 17 de 5*5m e 5 de 3*3m.

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos interesantes (descontos desde o 50%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 (o domingo pecharase ás 21) e a entrada será gratuíta.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento, ás 19.30h da tarde do domingo realizarase un sorteo presencial de 700€ en tarxetas regalo. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 14 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción. O gasto efectuarase durante a feira de stocks. Dos vales compra non se devolverá cambio. Máis info na web de Estrela de Marín.

Tamén haberá un reparto de bolsas reutilizables da campaña “Comercio Compensa”, inciativa da Xunta de Galicia que promove un consumo responsable, sostible e de proximidade. A entrega das bolsas, farase previa presentación dun xustificante de compra, de mínimo 10€ e ata fin de existencias. Ademais o sábado en horario de 19 a 2 e dentro das múltiples actividades que se levan a cabo, a través do club de fidelización “Comercio de Marín”, repartiranse cucuruchos de palomitas previa presentación de xustificante de compra.

Queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta IX Edición de Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custos do control e vixianza nocturna do evento. O evento conta ademais, coa cofinanciación da Xunta de Galicia.