Baixo o nome de “encende a reciclaxe”, voltamos a poñer en marcha este proxecto que conta con dous obxectivos principais: o primeiro a redución de bolsas de plástico dun só uso e o segundo a sensibilización sobre as repercusións sociais e ambientais do uso excesivo de bolsas de plástico dun só uso no comercio.
As bolsas de plástico dun só uso que se reparten nos comercios, convértense rapidamente nun residuo. Tanto a fabricación das bolsas como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais e económicos. Estímase que cada persoa usa unha media de 238 bolsas ao ano .
Con esta campaña, que conta coa financiación do Plan Social de Ence, pretendemos que os establecementos asociados e en extensión os seus clientes, reduzan o consumo das bolsas de plástico dun só uso, creando deste xeito unha conciencia de respecto ao medioambiente.
REPARTO DE BOLSAS DA CAMPAÑA NA PRAZA DE ABASTOS
Achégate con 2 bolsas de plástico dun só uso e levarás a bolsa reutilizable da campaña.
- Mércores 25 de outubro de 10.30 a 14.30
- Martes 31 de outubro de 10.30 a 14.30