I Edición ExpoNadal Marín

Publicado el por

Catorce comercios marinenses participarán na Primeira Edición Exponadal Marín os días 3,4 e 5 de decembroA I Edición de “ExpoNadal Marín” , celebrarase os días 3, 4 e 5 de decembro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, baixo unha carpa de 40*10 metros, na que participarán 14 comercios da vila.A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e a Presidenta e Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Dª Isabel Torres e Yonathan Carreira, presentaron esta mañá a I Edición de “ExpoNadal Marín”.Do 3 ao 5 de decembro, celebrarase a primeira edición deste evento comercial, que ten como obxectivo fundamental, facilitar as compras de nadal aos clientes que nos visiten nestas datas.Catorce postos de comerciantes locaisAproveitando a carpa que instalará o Concello na Alameda con motivo das actividades de nadal, montaranse 14 stands modulares de madeira de pino, ocupados todos eles por establecementos comerciais da nosa vila.Espazo Lector Nobel Marín , @servilardecor , @milyuntrapitos , @naymamodamujer, @nayma_complementos, @amilove_moda, @bambinomarin , @carmencitas_moda_infantil , @toscana_store, @infinityshop.2021 , @tamara.onlinee ,@laboresypatchwork@bulebulemarin e @almalibrecomplementos. Que ofreceràn aos clientes artigos de moda home, muller, moda infantil, lencería, complementos, decoración do fogar, mercería, calzado, calzado infantil, bisutería, papelería, material escolar, librería e xogueteríaO horario do evento será de 11 a 21 e a entrada será gratuíta.Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara será obrigatorio. Habilitaranse un punto de entrada e outro de saída, nos cales haberá persoal de seguridade que contará con dispositivos que permitan coñecer en todo momento o número de persoas existentes no interior da carpa, así como o control da capacidade máxima permitida na citada instalación.O aforo permitido, descontado o persoal que traballará nos stands, será de 150 persoas e poderase coñecer a tempo real o aforo da carpa, a través dun enlace web que se fará público a vindeira semana. Ademáis, tanto na entrada como na saída, instalaranse dispositivos con xel hidroalcohólico.AgradecementoDesde “Estrela de Marín” queremos agradecer a predisposición do @concellodemarin, a colaborar con esta I Edición de ExpoNadal Marín, xa que nos cede o uso da carpa e encárgase do suministro eléctrico e da da tarima e moqueta. #ExpoNadalMarín#comerciolocal#comerciodomorrazo