III Edición “Stock Marín”

Publicado el por

A III Edición de STOCK MARÍN, celebrarase do 5 ao 7 de agosto, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, coa participación de 22 comercios.

Marín, 4 de agosto 2022. –.O Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Don Manuel Heredia Pérez, participará no acto de inauguración da III Edición de “Stock Marín”, que terá lugar o venres día 5 ás 12hrs. O citado acto, contará coa presenza de diversas autoridades da vila, encabezadas pola Alcaldesa do Concello de Marín Dona María Ramallo Vázquez.

A montaxe desta terceira edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 18 de 5*5m e 4 de 3*3m.

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil,  lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, material escolar, xoguetería e por primeira vez, contaremos con plantas e flores.

A relación de establecementos participantes é a seguinte: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Bule Bule, Carmencitas, Data Marín, Deportes Xesta, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés Marcos, Lual, Marín Floricultores, Mi Mamá Me Mima, Nayma Moda y Complementos, OSBS Clothing, Paíno & Maína, Servilar, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.

O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta.

Este ano, grazas á Xunta de Galicia entregaremos polas compras superiores a 30€, un regalo promocional consistente nun parasol. Ademais as compras inferiores a ese importe, terán dereito a unha bolsa reutilizable, financiada pola campaña de Deputación de Pontevedra “II Edición Campaña de Redución de Bolsas dun Só Uso”. Para levar os regalos (ata fin de existencias e non se poderán acumular os tickets), os clientes deberán mostrar no stand de Estrela de Marín, o seu xustificante de compra.

Ademais, como actividade dinamizadora desta edición do Stock Marín, o domingo día 7 en horario de 11 a 14 e de 18 a 22, o palco da música da alameda, convertirase nun “Pequeno Gran Teatro de Maxia”, no que se levarán a cabo 14 pases de “maxia de preto”, un pase cada media hora. Para poder asistir ás funcións, deberase mostrar un xustificante de compra de alomenos 20€, no stand da organización. Esta actividade e o evento, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.