IV Stock Marín

Publicado el por

Coincidindo coa clásica tempada de rebaixas de verán, poremos en marcha, coa colaboración do Concello, na Alameda, do 4 ao 6 de agosto, a IV Edición de Stock Marín. Este evento, que vén a sustituir nesta nova normalidade ao xa clásico Saldomarín, posibilita aos participantes darlle saída aos stocks que se van acumulando durante o ano nos seus establecementos, stocks que en moitos casos non poden almacenar debido as limitacións de espacio co que contan.
Instalaranse 22 carpas individuais: 20 de 5*5m e 2 de 3*3m, das cales a totalidade correspondense con negocios da vila. Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiería, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo.
Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un regalo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, do Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables cos logos do CCA e da Deputación de Pontevedra, da campaña «Redución de bolsas dun só uso».
Como actividade complementaria de dinamización do Stock Marín e coa finalidade de premiar e agradecer as compras, levaremos a cabo un espectáculo de maxia infantil, consistente en 6 pases do espectáculo do “O Gran Circo de Pulgas”, do mago Jose Mari, que obtivo o premio nacional de maxia infantil de 2022.
O palco da música, convertirase nun Pequeno Teatro, que acollerá en sesións de mañá e de tarde, os distintos pases. Presentando un tiquet de compra, de calquera dos postos participantes no «Stock Marín», poderás obter entradas para, a sesión que elixas a un prezo reducido de 1€*. As sesións están limitadas a 40 persoas. No suposto de quedares dispoñibilidade nalgunha sesión, o propio domingo poderanse obter as entradas a un prezo de 3€. *O prezo reducido só se poderá obter no stand da organización, durante as xornadas do venres e sábado. No suposto, de que quedasen entradas dispoñibles, poderanse adquirir na taquilla, que se habilitará para tal finalidade, o propio domingo a un prezo de 3€.

Os establecementos participantes nesta IV edición do Stock Marín son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Bule Bule, Carmencitas, Deportes Xesta, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés Marcos, Mercería Labores Patchwork, Mi Mamá Me Mima, Nayma Complementos, OSBS, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Xoiería Muíños.

Sorteo da distribución dos espazos

DISTRIBUCIÓN STANDS IV EDICIÓN STOCK MARÍN

Presentando un tiquet de compra, de calquera dos postos participantes no «Stock Marín», poderás obter entradas para, a sesión que elixas a un prezo reducido de 1€. As sesións están limitadas a 40 persoas. No suposto de quedares dispoñibilidade nalgunha sesión, o propio domingo poderanse obter as entradas a un prezo de 3€.