Marín Black Weekend

Publicado el por

A “I Edición de Marín Black Weekend”, celebrarase do 25 ao 27 de novembro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín, proveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é o Black Friday,

A Alcaldesa do Concello de Marín, Dª María Ramallo Vázquez, a Concelleira de Comercio Dª Cristina Acuña González, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra D. Luís López Diéguez, o Director Xeral de Comercio e Consumo D. Manuel Heredia Pérez e o Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, presentaron a primeira edición da Feira de Oportunidades Marín “Black Weekend”. A montaxe deste evento, levarase a cabo utilizando a carpa que se instalará na alameda, con motivo das actividades infantís do nadal.

Feira con grandes descontos

Aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é o Black Friday, levaremos a cabo esta feira de oportunidades. Deste xeito, 18 establecementos comerciais, ofrecerán auns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores:Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzadoinfantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, material escolar,xoguetería e por primeira vez telefonía. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 17 a 21 a entrada será gratuíta.

Inauguración

Ao acto inaugural do evento, que terá lugar o venres 25 de novembro ás 12h, coa asistencia de autoridades locais, encabezadas pola Alcaldesa do Concello de Marín María Ramallo Vázquez.

O evento é organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e xurde por petición dos establecementos comerciais, que debido ao actual retraemento no consumo están acumulando stocks. Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín, e a cofinanciación da Xunta de Galicia.