Baixo este nome poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial, mediante a cal pretendemos incentivar as compras e fidelizar aos clientes. A dinámica da campaña é moi sinxela:
- Entregaremos 100 papeletas e 1 cartel A3 para cada establecemento.
- Entre todas as papeletas sortearanse: a) 10 packs compostos de 1 xamón e 1 estoxo de viño.
- O sorteo efectuarase o 20 de febreiro ás 13 h na sede social.
Paralelamente a esta acción, habilitaremos un evento no facebook (https://www.facebook.com/ccaestrelademarin/), que ten como obxectivo promocionar ao comercio de proximidade no cal as persoas que o desexen poderán subir as súas fotos, que terán que sacar no interior ou diante dun establecemento asociado e que terán que realizar tamén o símbolo descrito.
As fotografías, subiranse co hastag #namóratedemarín dende o 1 de febreiro ás 21h. O prazo para votar, remata o sábado 15 ás 21h.
A persoa da foto que reciba máis Me Gusta, gañará un vale de 100€ para gastar no establecemento onde realizou a foto. Os participantes, deberán ser seguidores da fanpage de Estrela de Marín.