Baixo este nome poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial, mediante a cal pretendemos incentivar as compras e fidelizar aos clientes sorteando: a) 6 packs compostos de 1 xamón e 1 estoxo de viño e b) 1 vale compra de 100€. Deste xeito pasámosvos a detallar en qué consiste. Entregaremos 100 papeletas e 1 cartel A3 para cada establecemento.
- As papeletas entregaranse aos clientes dende o 29 de xaneiro ao 16 de febreiro, que deberán cumplimentalas e depositalas nas urnas habilitadas para tal fin. Unha urna, ubicarase na sede social en horario de oficina e estará dispoñible tamén fóra deste horario xa que se ubicará na entrada da galería da rúa Real. Outra urna, colocarase na Praza de Abastos.
- Entre todas as papeletas sortearanse os 6 packs e o vale compra de 100€, o 16 de febreiro ás 13 horas.
- O vale compra consumirase no establecemento que outorgue o premio, por este motivo AS PAPELETAS QUE NON VEÑAN SELADAS NON PARTICIPARÁN NO SORTEO.
- A entrega de premios efectuarase o luns día 19 de febreiro ás 13 horas.