“O mellor San Valentín, con Estrela de Marín

Publicado el por

A Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín, desenvolverá desde o 10 de febreiro ás 08h ao 14 de febreiro ás 23.59, ambos inclusive, a promoción “O MELLOR SAN VALENTÍN, CON ESTRELA DE MARÍN”. Esta Campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, reforzando a nosa interacción con eles a través das nosas redes sociais.

Para poder participar, os usuarios terán que entrar na ligazón https://www.onlinequizcreator.com/es/o-mellor-san-valentin-conestrela de-marin/quiz-466423 que se compartirá no noso Facebook, Instagram e web. Esta ligazón levaraos a un xogo de preguntas ao cal deberán de acceder rexistrándose coa súa conta de correo electrónico, nome e teléfono. O xogo terá un total de 15 preguntas de diferente nivel de dificultade, a maioría vinculadas con aspectos da asociación (campañas, asociados…) e haberá algunha pregunta sobre curiosidades do día de “San Valentín” Se o participante se trabuca na súa resposta, o tempo comezará a correr máis rápido. Os usuarios disporán dun intento para poder completar o “Trivial”. Esta aplicación xera automaticamente un listado cos participantes con máis puntuación.

O premio será para @s participantes que obteñan máis puntuación nun “xogo tipo trivial” ao cal se poderá acceder mediante a citada ligazón. Haberá 5 premios:
 5 packs compostos de 1 xamón e 1 estoxo de viño para @s participantes con maior puntuación. No suposto de que existise un empate, realizarase un sorteo para coñecer aos 5 premiados.

Bases