Ti es a nosa Estrela do Nadal!

Publicado el por

Xa estamos no Nadal! E con él chega o sorteo de premios máis agardado da nosa Comarca. Con esta nova edición da campaña de Nadal, que poñemos en marcha en colaboración de FECIMO, celebramos un ano máis estas datas de ledicia agasallando a fidelidade dos clientes das empresas do Morrazo.

*TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL* Baixo este slogan procuramos enviar a mensaxe aos consumidores de que eles son os verdadeiros protagonistas do nadal para as empresas do Morrazo.

A continuación informamosvos do funcionamento da promoción e os premios que se sortearán nestas datas tan especiais.

¿COMO FUNCIONA A CAMPAÑA? 

Cada vez que un cliente consuma nun comercio ou empresa participante entre o 5 de Decembro de 2022 e o 8 de Xaneiro de 2023 optará a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final en cada unha das localidades participantes.

Con cada compra (compra mínima de 10 euros) o cliente recibirá (por parte do establecemento) boletos con códigos alfanuméricos.

O cliente entrará na páxina web: www.comerciodomorrazo.com e introducirá o código para saber se resulta premiado con algún dos premios que se sortean. 

É moi importante gardar o código de participación, aínda que non resulte premiado cun premio instantáneo, xa que tódolos códigos rexistrados e non premiados cun premio instantáneo entrarán no GRAN SORTEO FINAL que se celebrará o luns 9 de xaneiro, entre os que se sortearán 4 PREMIOS DE 1.000€.

PREMIOS

*15.000€ en premios* distribuidos do seguinte xeito:

– 11.000 € en premios directos durante o funcionamento da campaña.

– 4 PREMIOS de 1.000€ (1 por localidade) para o GRAN SORTEO FINAL.