VII Edición Noite Estrela

Publicado el por

A “Noite Estrela” é unha actividade de dinamización comercial, mediante a cal os establecementos comerciais participantes prolongarán, o venres 6 de xullo, o seu horario comercial ata as 12 da noite, ofrecendo descontos e diversas actividades de promoción co obxectivo de incentivar o consumo dos clientes e premiar a súa fidelidade. Nesta edición participarán preto de vinte establecementos.

Nesta edición sortearemos 10 packs compostos dun xamón e dun estoxo de viño, entre todos os tickets que se depositen na urna que se habilitará para tal fin na sede social. Os tickets terán que ser de compras efectuadas, nos establecementos asociados ao CCA, ese día entre as 20 e as 24 horas e os clientes deberán poñer os seus datos (nome e teléfono) na parte traseira dos mesmos. O sorteo efectuarase o luns día 9 de xullo ás 10 horas e a entrega de premios terá lugar o martes día 10 de xullo ás 13 horas.