VIII NOITE ESTRELA
Desde Estrela de Marín, conxuntamente co Concello de Marín, poremos en marcha varias campañas de dinamización e fidelización comercial que se levarán a cabo durante este mes de setembro. Neste caso, vimos de presentar oficialmente unha nova edición da campaña de dinamización comercial “NOITE ESTRELA”, que se celebrará este venres 6 de setembro. Nesta actividade de incentivación ao consumo, os máis de 20 establecementos comerciais que participan, prolongarán o seu horario comercial ata as 12h da noite, ofrecendo desde as 20h descontos ou promocións co obxectivo de incentivar o consumo dos clientes. Nesta ocasión os establecementos participantes estarán ubicados nas seguintes rúas: Sol, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Méndez Núñez e rúa da Ponte. Grazas á colaboración do concello, esta edición amenizarase coas serenatas de “Máis Cantos” dirixidas por Nelson Quinteiro, ofrecendo un roteiro cantado polas prazas e rúas da vila, convertindo esta tarde-noite nunha xornada lúdico-festiva.