Volta ao cole, mellor con Estrela

Publicado el por

Baixo o nome de “Volta ao cole, mellor con Estrela” poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial. Neste caso dende o 17 de agosto ao 30 de setembro, por cada compra efectuada, os establecementos asociados entregarán unhas papeletas que os clientes deberán cumplimentar cos seus datos e depositalas nas urnas habilitadas para tal fin (na sede social e na praza), antes do 3 de outubro, xa que o sorteo se efectuará ese día ás 13 horas.
Nesta ocasión sortearemos 600€ en vales compra, 1 de 200€, 2 de 100€ e 4 de 50€. Os vales compra consumiranse nos establecementos que outorguen os premios, por este motivo as papeletas deberán vir seladas, xa que as que non veñan seladas non participarán no sorteo. Ademáis, non serán válidas aquelas papeletas que veñan cumplimentadas por familiares directos do establecemento que as entregue e co obxectivo de repartir os premios entre un maior número de asociados, cada establecemento só poderá dar un premio.

RELACIÓN DE GAÑADORES

Tralo sorteo efectuado o mediodía do martes día 3 na sede social da asociación de mans da Presidenta do CCA Dª Isabel Torres Pazos os gañadores dos vales compra foron:
 Vale compra de 200 €: Lucía Novas para gastar en Carnicería Manuel Angel.
 Vale compra de 100 €: Mónica Lorenzo Núñez, para gastar en Peluquería Loli Seara.
 Vale compra de 100 €: Alberto Rosales Costas, para gastar en Librería-Papelería Jumer.
 Vale compra de 50 €: Teresa González Gómez, para gastar en Elegant boutique.
 Vale compra de 50 €: Aurea Allaríz Parada, para gastar en Puesto 1152 Peixes Jaime.
 Vale compra de 50 €: Antonio Moreira Recamán, para gastar en Casual.
 Vale compra de 50 €: Antonio Sánchez Carballo, para gastar en Frutería Loli.
A entrega de premios efectuarase o mércores día 4 ás 13.00 na sede social do CCA.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos os clientes a súa fidelidade co comercio de proximidade asociado a Estrela de Marín, como ben queda reflexada na numerosa participación, xa que se xuntaron miles de papeletas