XI Edición Saldomarín
O CCA Estrela de Marín, xa ten todo preparado para que esta fin de semana (do 4 ao 6 de agosto) teña lugar a décimo primeira edición de «Saldomarín», un dos eventos con mais tradición do concello que pretende axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos que poden chegar ata ao 70% de desconto.
A feira celebrarase nunha carpa de 500 metros cadrados situada na alameda «Rosalía de Castro»,, que acollerá a 20 stands. Esta edición acolle aos sectores de téxtil, calzado, complementos, roupa e calzado infantil, decoración, agasallo, lencería, deportes, xoiería, óptica e xoguetería.
Ademais da actividade de venda temos un completo programa de actividades de dinamización e sorteos para os clientes.
Horarios feira:
Venres 4, sábado 5 de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 23:00 horas.
Domingo 6 de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 22:00 horas.
Horarios inchables:
Sábado e domingo de 11:30 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00. Gratuitos para aqueles que presenten os vales que se entregarán ao realizar compras en calquera dos stands participantes. Sen vale o prezo será dun 1€.
Exhibición de zumba e bailes latino e moderno (Centro de Actividades Cabriola)
Sábado ás 20 horas.
Actuación Musical
Domingo ás 19:30
Sorteo presencial de 600 €
Domingo ás 20:00 horas
Colaboran: Concello de Marín, La Caixa e Xunta de Galicia.