A Volta ao Cole Mellor con Estrela

Publicado el por

Baixo o nome de “Volta ao cole, mellor con Estrela” poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial. Neste caso dende o 17 de agosto ao 17 de setembro, por cada compra efectuada, os establecementos asociados entregarán unhas papeletas que os clientes deberán cumplimentar cos seus datos e depositalas nas urnas habilitadas para tal fin (na sede social e na praza), antes do 18 de outubro, xa que o sorteo se efectuará ese día ás 13 horas.
Nesta ocasión sortearemos 600€ en vales compra, 1 de 200€, 2 de 100€ e 4 de 50€. Os vales compra consumiranse nos establecementos que outorguen os premios, por este motivo as papeletas deberán vir seladas, xa que as que non veñan seladas non participarán no sorteo. Ademáis, non serán válidas aquelas papeletas que veñan cumplimentadas por familiares directos do establecemento que as entregue e co obxectivo de repartir os premios entre un maior número de asociados, cada establecemento só poderá dar un premio.

RELACIÓN DE GAÑADORES

ENTREGA DE PREMIOS