Stock Marín
A I Edición de STOCK MARÍN, celebrarase os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto, na Alameda de Marín, cunha montaxe que se adaptará á “nova normalidade” que nos toca vivir.
Marín, xullo de 2020. – Desde o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, conxuntamente co Concello de Marín, estamos traballando nesta I Edición de “Stock Marín”. Así, aproveitando todo o largo da Alameda, instalaranse 23 carpas individuais: 15 de 5*5m e 8 de 3*3m, das cales 19 correspéndense con negocios da vila.
Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiería, bisutería, informática, alimentación, papelería, material escolar e xoguetería.
O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 23 e a entrada será gratuíta.
Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara será obrigatorio.
Habilitaranse dous puntos para entrada e saída dos visitantes ao evento, nos cales se instalarán dous dispositivos industriais con xel hidroalcohólico, que haberá que utilizar antes de acceder ao evento.
Dentro da alameda, crearase un percorrido que permitirá aos visitantes manter a distancia interpersoal, xa que haberá un corredor de máis de 4 metros de ancho. Como norma, terase que circular sempre á dereita.
Ademáis entregaremos aos establecementos participantes máis de 35.000 luvas desbotables para que poidan usar os clientes e así darlle cumprimento ao disposto polo ISSGA.
Queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta I Edición de Stock Marín, xa que consideramos que este evento nestes momentos é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da pandemia da Covid-19. Neste caso, o Concello de Marín, dentro do seu Plan de Reactivación Comercial, asume parte dos custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento.