Encende a Reciclaxe
Dende o CCA, poñemos en marcha esta campaña de concienciación medioambiental, financiada polo Plan Social de Ence.
Baixo o nome de “encende a reciclaxe”, poñemos en marcha este proxecto que conta con dous obxectivos principais: o primeiro a redución de bolsas de plástico dun só uso e o segundo a sensibilización sobre as repercusións sociais e ambientais do uso excesivo de bolsas de plástico dun só uso no comercio.As bolsas de plástico dun só uso que se reparten gratuitamente nos comercios, convértense rapidamente nun residuo. Tanto a fabricación das bolsas como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais e económicos. Estímase que cada persoa usa unha media de 238 bolsas ao ano .
Con esta campaña, que conta coa financiación do Plan Social de Ence, pretendemos, tamén, que os establecementos asociados e os seus clientes coñezan a nova normativa sobre as bolsas de plástico que entrará en vigor o 1 de xaneiro do vindeiro ano 2018, é que obriga a cobrar pola entrega das bolsas de plástico. O obxectivo, desta nova normativa sobre bolsas de plástico en comercios, é a redución do seu consumo en España para cumplir así co fixado na lexislación europea e incrementar o respecto ao medioambiente.
Para acadar os obxectivos citados, dende “encende a reciclaxe” repartiremos entre todos os asociados uns folletos informando sobre a importancia do uso de bolsas reutilizables e os efectos nocivos que produce a utilización das bolsas de plástico dun só uso e por outra banda entre os clientes que nós demostren que recibiron dita información, entregarémoslles unha das 2.000 bolsas reutilizables que deseñaremos co lema da campaña.
O reparto das bolsas, efectuarase na Praza de Abastos de Marín, xa que segundo os datos dos que dispoñemos, nun día normal utilízanse máis de 2.000 bolsas dun só uso.
Dita acción, farémola coincidir no tempo (finais de novembro), coa campaña que porá en marcha a asociación de comerciantes da praza de abastos denominada “Por un consumo responsable” que pretende reducir o uso das bandexas de poliestireno, creando deste xeito sinerxias ao actuar conxuntamente.
Toda a información, sobre a campaña estará dispoñible na web: http://encendeareciclaxe.es/